
Ronsel do Urco
Unha semente verde entre as ondas.
Ronsel do Urco é unha iniciativa local sen ánimo de lucro que busca restaurar os hábitats mariños degradados da costa de Burela. Farémolo mediante educación ambiental, ciencia cidadá e actividades de mergullo pensadas para achegar o mar á comunidade.A nosa misión é conectar ás persoas co océano que as rodea. Estamos a crear materiais para escolas, promover a participación voluntaria en accións de conservación e deseñar pequenos viveiros para replantar algas que xa non abundan como antes.Estamos comezando. Pero temos claro cara onde imos: cara a un litoral máis vivo, participativo e coidado por quen o habita.